Sunday 05 de May de 2024

O Concello adhírese ao convenio con Seaga para a xestión da biomasa vexetal nas franxas secundarias


● O obxectivo é facilitar o cumprimento da lei de retirada de biomasa ao concello.

O Concello de Miño aprobou onte, martes 23 de xaneiro, en pleno, por unanimidade, a adhesión da administración local ao convenio subscrito entre a Xunta de Galicia, a Fegamp e Seaga para a prevención e defensa contra incendios forestais.

O obxectivo deste acordo é facilitar o cumprimento da lei de retirada de biomasa; así Seaga por unha banda definirá as franxas secundarias de terreos que rodean a nucleos habitados en todo o municipio e por outro asumirá a limpeza de 10 km de viais de titularidade municipal (incluíndo limpeza de cunetas, noiros e retranqueo de plantacións forestais) e de ata 10 hectáreas de terreos de propietarios privados que non atendesen requirimentos de xestión de biomasa.